Tuesday 07 de May de 2024

Ordes celebra a pé de rúa o Día Internacional da Danza


O Concello de Ordes, Sementes da Arte e o Museo do Traxe Juanjo Liñares non quixeron deixar pasar por alto unha data tan sinalada como a do Día Internacional da Danza. Por este motivo as inmediacións do museo convertíronse, na tarde de onte, nunha improvisada pista de baile onde a agrupación folclórica e cultural creada por Juanjo Liñares na década dos anos 70 realizou un ensaio. Ao son das gaitas, pandeiros e pandeiretas foron moitas e moitos os veciños e veciñas que ata alí se achegaron para desfrutar do momento e, en máis dun caso, compartir algún que outro paso cos bailaríns e bailarinas.